Xornadas interpretativas "Coñecendo Galicia"

 

A área periurbana de Ferrol. Medio físico e problemas urbanísticos
Cliente: Colexio de Xeógrafos. Delegación Territorial Galega
Obxectivos: interpretación física e histórica da ría de Ferrol, a súa razón como cidade militar e naval e as claves paisaxísticas das áreas urbanas e rururbanas da costa galega

Análise xeomorfolóxica da costa de Ribadeo
Cliente: IX Reunión Nacional de Geomorfología / USC/SEG
Obxectivos: claves da fraxilidade e aproveitamento sostible do patrimonio xeolóxico e xeomorfolóxico da costa de Galicia. Valoración como recurso patrimonial e como espazo de interese científico

Excursión de interpretación do territorio Meicende - A Coruña
Cliente: SINSALaudio S.L. / Proxecto Urbana C. Musica en Branco / Memoria da Agra do Orzán. Actividad - Proxecto: Paseos polo barrio, coordinados pola arquitecta Cristina Anllo
Obxectivos: paisaxe e humanización das áreas industriais periurbanas galegas en base á súa funcionalidade histórica e futura. O caso do suroeste da Coruña
Ligazón Paseos polo barrio

Ferrol - A Capelada. Dialéctica entre o medio físico, a paisaxe e o poboamento
Cliente: IDEGA / European Cooperation in Science and Technology (COST) Action TU1206. SUB-URBAN – A European network to improve understanding and use of the ground beneath our Cities
Obxectivos: xeoloxía e territorio. O papel da historia xeolóxica e da xeomorfoloxía no desenvolvemento humano e socioeconómico das comarcas de Ferrol e Ortegal

Interpretación dos sons naturais da Costa Norte de Ferrol
Cliente: DDP de dominio público-comunicación audiovisual s.l. / Proxecto: European Acoustic Heritage. Estudos sobre a paisaxe sonora
Obxectivos: a paisaxe sonora como recurso útil para entender o territorio dende as perspectivas da ciencia e da interpretación popular

Mogor, entre a terra e o mar. Itinerario de Interpretación Paisaxística
Cliente: Sinsalaudio / Programa Monumenta da Xunta de Galicia. Difusión do Patrimonio Restaurado
Obxectivos: historia da paisaxe das rías galegas. Percorrido polas relacións entre o ser humano e o medio físico nas rías dende á última glaciación ata a actualidade

O Pico Sacro. Fundamentos físicos da paisaxe
Cliente: Verdegaia / Programa Vai de Roteiros 2012
Obxectivos: análise da paisaxe da comarca do Pico Sacro mediante o uso de ferramentas de interpretación do territorio como a vexetación, a toponimia, a historia xeolóxica e os fenómenos atmosféricos

Percorrido ecoxeográfico

 

Percorrido Ecoxeográfico pola costa de Ferrol. De Cabo Prioriño á lagoa da Frouxeira
Cliente: XEOGAL / FAJG (Federación de Asociaciones de Jóvenes Geógrafos). XXV Encuentro de Jóvenes Geógrafos de España
Obxectivos: interpretación ecolóxica da costa galega analizando as súas compoñentes físicas fundamentais e os valores culturais e históricos asociados

Dous séculos do rostro de Galicia: Domingo Fontán

 

Andaina Museo do Pobo Galego - Monte Pedroso
(Santiago de Compostela)
Cliente: Xunta de Galicia (Cultura de Galicia-Programa Monumenta)
Obxectivos: percorrido pola cidade de Santiago de Compostela e arredores, lembrando a figura de Domingo Fontán; paradas en puntos de interese relacionados coa súa traxectoria vital e profesional; medicións climatolóxicas e cartográficas sobre o terreo

Percorridos polo Camiño de Santiago

 

Camiño de Santiago: Vía da Prata
Cliente: Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela
Obxectivos: percorrido polo tramo galego do Camiño do Sur – Vía da Prata do Camiño de Santiago; servizo de guía, organización e deseño de etapas; elaboración de aulas itinerantes e documentación de apoio.