Patrimonio

Muíños de vento de Abalo (Catoira)

Conxunto de Muíños do Monte Mesón: Finais s. XIX - Principios do s. XX 
Feitos de cachotería de granito, son de planta circular co chan de pedra agás unha porta de madeira no chan, que leva a un pequeno cubículo soterrado. A cuberta é con tellas e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos; neste caso, representan a tipoloxía de TORRE e CUBERTA FIXA. A TRABE, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro VAREIROS, onde van as ASPAS ou ABANOS.Soen pertencer a un só propietario, en ocasións aparecen gravadas as iniciais do seu nome e as marcas de identidade do canteiro no lintel da porta.

Máis información:
Panel Muíños de Vento de Abalo
Guía esencial do Territorio dos Vales do Ulla e Umia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *