Patrimonio

O Dolmen de Dombate

Dolmen de Dombate

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
                       "Queixumes dos pinos". Eduardo Pondal

Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños

Fai uns meses inaugurábase o Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, tratase de dúas construcións obra do arquitecto Francisco Vidal Pérez. Un interesante pavillón a modo de cúpula, alberga o dolmen, moi adecuado para gozar do monumento, rodeado de amplas cristaleiras que facilitan a entrada de luz natural. Na parte central, sobre o dolmen, unhas ventanas regulan a temperatura e humidade do edificio, abrindose  ou pechandose dependendo do tempo e época do ano.
O Centro de interpretación, outro edificio aparte veremos, nun futuro inmediato, unha réplica exacta do dolmen, actualmente atopamos paneis informativos e materiais audiovisuais.

O conxunto arqueolóxico como tal, esta formado por dous monumentos megalíticos o “Dolmen primitivo” de pequenas dimensións (foto 2, primeiro plano) e o “Dolmen recente”, o mais grande.

Un túmulo de 24m de diámetro, feito con sedimentos e pedras de granito ou xisto e rematado formando unha coraza cuberta de terra e vexetación. Sepultou o dolmen pequeno e parte do maior, quedando o aire as chantas (pedras fincadas en vertical) soprte de outra en horizontal que tapa a anta ou cámara acolledora do defunto que enterrase acompañado do seu enxoval (as súas pertenzas).

No adro ou patio, anterior o corredor que dá acceso á cámara, colocase unhas esculturas pétreas a modo de Ídolos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *