Darredor. Deseño Cultural

Máis sobre nós…

 

Sobre as nosas orixes...

...e algúns dos proxectos realizados

Recoñecementos

Premio Novas ideas empresariais. Compostela activa
Concellería de Promoción económica

Concello de Santiago
Concello de Santiago de Compostela informacion@santiagodecompostela.gal

Cualificación ILE: Proxecto empresarial de carácter innovador
Rexistro 151092006ILE. Consellería de Traballo e Benestar

Xunta de Galicia
Xunta de Galicia www.xunta.gal

Outros proxectos realizados...

...e algúns dos nosos clientes

Quen somos

En Darredor.Deseño Cultural traballamos un conxunto multidisciplinar de profesionais cun amplo coñecemento do territorio e a paisaxe galega e dilatada experiencia na ordenación do territorio, o inventariado, a clasificación e posta en valor do patrimonio, e a xeración de materiais divulgativos con finalidades científicas, técnicas e turísticas.

Obxectivos

Darredor. Deseño Cultural. Desenvolvemento de estratexias para a dinamización turística, cultural e científica do territorio.

  • Interpretación e posta en valor do patrimonio
  • Educación e divulgación científica
  • Investigación e documentación
  • Turismo sostible e de calidade
Deseño
85%
Análise patrimonial
95%
Ordenación do territorio
90%
Cartografía e SIX
95%

Últimos artigos publicados no blog...

Últimas novas

Dolomitas

Encamiñados cara o Nordeste de Italia, rozando Austria, estamos chegando ós Alpes Orientais italianos onde se alza maxestuosa a Serra dos Dolomitas, ocupando parte das rexións do Véneto, Trentino, e Alto Adigio (tamén chamado Südtirol debido á influenza austríaca). Na Provincia véneta de Belluno, atópase Cortina d’Ampezzo, en pleno centro da Serra, vila coñecida internacionalmente, […]

Mapa turístico de Valga

Mapa de recursos turísticos do concello de Valga

O municipio pontevedrés de Valga sitúase na beira esquerda do esteiro do río Ulla. A súa poboación, de máis de 6.000 habitantes, repártese en cinco parroquias: Santa Cristina de Campaña, Santa Comba de Cordeiro, San Miguel de Valga, San Salvador de Setecoros e Santa María de Xanza. Mapa interactivo que mostra as principais riquezas naturais […]

Muíños de vento de Abalo (Catoira)

Conxunto de Muíños do Monte Mesón: Finais s. XIX – Principios do s. XX  Feitos de cachotería de granito, son de planta circular co chan de pedra agás unha porta de madeira no chan, que leva a un pequeno cubículo soterrado. A cuberta é con tellas e pedras para evitar que o vento as levante. […]

Ver todas as novas